"La economía es el estudio de la humanidad en su quehacer cotidiano"
En nosa vida diaria, desde que nos levantamos ata que nos acostamos, estamos realizando actividades económicas.
Necesitamos un gran número de bens e de servizos que outros han preparado para noso consumo: unha casa, auga, calefacción, comida, roupa, transporte, libros e cadernos, o instituto con seus profesores, o ordenador, o móbil,etc.
Necesitamos un gran número de bens e de servizos que outros han preparado para noso consumo: unha casa, auga, calefacción, comida, roupa, transporte, libros e cadernos, o instituto con seus profesores, o ordenador, o móbil,etc.
No seguinte vídeo veredes unha serie de actividades económicas nas que participamos diariamente, e que constitúen o que chamamos "economía".
Responde ás seguintes cuestions relativas ao vídeo sobre as "actividades económicas":
● Nomea cinco actividades económicas das que aparecen no vídeo.
● Enumera tres actividades económicas nas que participas cotidianamente.
● Sinala os elementos que deben intervir en toda actividade económica, ou dito doutra maneira, ¿que diferencia unha actividade económica doutra que non o é?
● Ao final do vídeo dicese que a Economía é "a aplicación racional dos bens escasos". Intenta explicar por escrito o significado desta definición.

En resumo, as actividades económicas son o consumo, a produción e a distribución de bens e servizos para satisfacer as necesidades humanas. Todas elas teñen en común o uso de recursos escasos, limitados, polo que levan o cualificativo de "económicas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario