miércoles, 10 de octubre de 2018

EXERCICIOS DE REPASO TEMA 1 E 2

Exercicio nº 1.
- Que inconvenientes presenta o aforro?

Exercicio nº 2.
- Que quere dicir que un recurso sexa limitado?

Exercicio nº 3.
- Cal é a diferenza entre «renda» e «riqueza»?

Exercicio nº 5.
- Unha economía na que non existisen empresas presentaría certos inconvenientes. Cita algúns deles.

Exercicio nº 6.
- Que inconvenientes aparecerían si as estradas non fosen públicas?

Exercicio nº 7.
- Dentro das relacións entre empresas e economías domésticas aparece o Estado como terceiro axente. Que funcións ten?

Exercicio nº 8.
- Decides estudar todo o fin de semana e non saír cos teus amigos. Enumera unha lista das actividades ás que renunciarás.

Exercicio nº 9.
-Define o concepto de «necesidade».

Exercicio nº 10.
- Indica que necesitan as economías domésticas das empresas e que necesitan as empresas das economías domésticas.

Exercicio nº 11.
-Martín recibiu 20 euros grazas a unha rifa escolar. Que lle recomendarías que
fixese con eles? Crees que os teus compañeiros farían exactamente o mesmo? Explica a túa resposta.

Exercicio nº 12.
- Por que crees que as estradas, a sanidade, a educación, a seguridade cidadá, etc., son públicas?

Exercicio nº 13.
- Que ocorre cando as economías domésticas non teñen recursos para adquirir bens e servizos das empresas?



Exercicio nº 14.
-Que tipo de necesidades coñeces? Explícaas brevemente.

Exercicio nº 15.
- Que vantaxes ten para a economía o que existan moitas empresas competindo entre si?


No hay comentarios:

Publicar un comentario